CRTVG

Buscar

Os maiores vense obrigados a escoller entre a saúde e o contacto coas súas familias no Nadal

Publicado o 03/12/2020 16:28

Por culpa das imprudencias dalgúns, outros teñen que tomar medidas extremas para non contaxiarse. É o caso dos maiores, que se ven obrigados a escoller entre a saúde ou o contacto coas súas familias.

Este Nadal, xa o sabemos todos, vai ser moi diferente. Coa pandemia, xuntarnos todos para celebrar as festas é un risco moi importante, e máis para os avós e as avoas, os pais e as nais, persoas maiores moito máis vulnerables a esta enfermidade.

Por iso o dilema é ben difícil: moitos familiares prefiren asumir ese perigo e van pasar xuntos igualmente a Noiteboa e a Noitevella; outras persoas prefiren quedar na residencia por seguridade.

É o caso de Carmen, que sempre celebra o Nadal na casa, pero este ano non vai poder xuntarse cos seus.

Na residencia de Esgos todos os usuarios pasarán aquí a Noiteboa.

O dilema é ben complicado. Pepe leva só practicamente todo o ano pola pandemia. No Nadal precisa, di, xuntarse coa familia.

Tomen a decisión que tomen, o importante é protexer os nosos maiores e darlles moito cariño, aínda que sexa a distancia.

Noticias web

03/12/2020