CRTVG

Buscar

Os maiores de 80 anos serán os seguintes en seren vacinados a partir de marzo

Publicado o 20/01/2021 21:16

Os maiores de 80 anos serán o próximo grupo en recibir a vacina contra o coronavirus na seguinte fase da campaña, que comezará previsiblemente en marzo cando se inmunizaron a internos e persoal de residencias, sanitarios de primeira liña e grandes dependentes non institucionalizados.

Así o anunciou o ministro de Sanidade, Salvador Illa, na conferencia de prensa posterior á reunión do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde que se celebrou esta tarde en Sevilla. O novo colectivo a vacinar foi fixado polo grupo técnico de vacina covid, que actualmente "están a traballar" en delimitar os outros que empezarán a recibir as súas doses previsiblemente a partir de marzo, cando se calcula que comezará a segunda das tres fases da campaña contempladas na estratexia.

A primeira empezou o pasado 27 de decembro co primeiro grupo diana, conformado por internos e traballadores de residencias e sanitarios de primeira liña, outros profesionais deste ámbito e os grandes dependentes non institucionalizados.

Illa lembrou que ata hoxe foron vacinadas cunha primeira dose 1.025.937 persoas, 59.840 máis que onte, das cales 1.012.220 son do laboratorio Pfizer/ BioNTech e 13.717 de Moderna, o que supón un 76,2 por cento das 1.346.100 doses recibidas, o cal sitúa a España como o segundo país da UE e o sétimo do mundo en vacinación. Ademais, administráronse as dúas doses do fármaco de Pfizer necesarias para a inmunidade a un total de 15.642 persoas, 6.301 máis ca as contabilizadas o martes.

 

Noticias web

20/01/2021