CRTVG

Buscar

Os límites nos vídeos de entretemento de YouTube

Publicado o 03/11/2019 18:15

Querer sumar seguidores a calquera prezo encheu a historia do entretemento de Youtube con bromas de mal gusto e mesmo coa comisión de delitos.

Un exemplo é este vídeo dun youtuber de Lugo entrando nun instituto e guindándolle unha torta a un profesor. Foi detido e pódese enfrontar a unha pena de cárcere.

Tamén tivo moita repercusión estoutro, unha broma con cámara oculta dun youtuber a un repartidor en medio da súa xornada laboral. Vídeos que fan que moitos se pregunten onden están os límites.

Xosé Lois Vilar Gallego, coñecido como Golle GZ, é un youtuber galego que conta con millón e medio de seguidores. Di que concibe o humor doutro xeito, buscando entretemento enxeñoso e non ofensivo.

"Para comezar que a intención sexa humorística porque rirte de alguén non é mesmo que rirte con alguén. Mentres non agridas o espazo persoal doutra persoa está ben. Nos meus vídeos todo o que sae é porque quere saír. É un contido transparente, que non haxa un ataque persoal. Nunca metas un ataque detrás dunha broma". 

Daniel Vázquez, coñecido como Hache, colga vídeos de mecánica e do mundo do motor. Para el, Youtube é unha gran ferramenta coa que ofrecer contidos divulgativos.

"Para min YouTube cumpre unha función educativa moi grande. No meu caso os límites póñoos eu mesmo con algo que sexa completamente imparcial, que sexa máis a nivel de aprendizaxe e entretemento. Cada un aí atopa o seu lugar. Sempre nos fixamos en casos como o do tortazo, pero tampouco hai que quedar coa excepción. Realmente o límite polo ti".

Noticias web

03/11/2019