CRTVG

Buscar

Os líderes políticos aproveitan a xornada de reflexión para estar coas súas familias

Publicado o 11/07/2020 15:11

Este domingo celébranse as eleccións ao Parlamento de Galicia e hoxe é día de reflexión. Os candidatos aproveitan a xornada para descansar e recuperar o tempo perdido coas familias.

O candidato do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, vai dar un paseo coa súa nai. Tamén o vai facer Pancho Casal, da Marea Galeguista. O socialista Gonzalo Caballero aproveitará para compartir a xornada coa súa familia. Tamén cos seus vai pasar o día a candidata do BNG, Ana Pontón.

O mesmo plan teñen os aspirantes de Galicia en Común, Ciudadanos e mais Vox. Todos os candidatos aproveitaron os últimos actos para pedir unha participación masiva mañá.

 

Noticias web

11/07/2020