CRTVG

Buscar

Os líderes europeos buscan un acordo para a repartición de altos cargos da UE

Publicado o 20/06/2019 09:40

Os negociadores das tres principais familias políticas da UE (populares, socialdemócratas e liberais) manteñen este xoves en Bruxelas unha primeira reunión antes do Consello Europeo para tratar de achegar posturas que leven a un acordo sobre a repartición institucional da Unión.

Trátase dun almorzo que reúne o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, e o primeiro ministro portugués, Antonio Costa, como negociadores da familia socialdemócrata, cos primeiros ministros de Bélxica e Países Baixos, os liberais Charles Michel e Mark Rutte, e por parte do PPE os primeiros ministros de Croacia e Letonia, Andrej Plenkovic e Arturs Krisjanis.

Este é o primeiro de numerosos encontros que van ter lugar antes do cumio europeo do que debería saír xa un consenso sobre os cinco principais cargos da UE -presidencia da Comisión, do Consello, do Parlamento, Alta Representación no exterior e Banco Central Europeo-.

Noticias web

20/06/2019