CRTVG

Buscar

Os líderes de Resistencia Galega agochábanse en Fornelos de Montes

Publicado o 20/06/2019 19:49

• Vivían nunha comuna hippy na aldea abandonada de Baños 

A casa está nunha zona boscosa, cun acceso por unha pista forestal en mal estado e un pequeno sendeiro nos últimos metros. O núcleo máis próximo é Verducido, no concello da Lama, alí eran ben coñecidos dende que hai uns 5 anos se instalaron na zona. Os veciños aínda non dan crido que, presuntamente, pertencesen a Resistencia Galega.

Como non tiñan coche, era frecuente velos polos camiños ou collendo o autobús para desprazarse a Redondela ou Vigo.

A Garda Civil manterá o precinto en toda a zona en que residían ata que poidan rexistrar a casa en busca de probas e documentación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/06/2019