CRTVG

Buscar

Os líderes da UE non recoñecen os resultados das eleccións en Belarús

Publicado o 19/08/2020 16:40
Os líderes da UE non recoñecen os resultados das eleccións en Belarús

Os xefes de Estado e de Goberno da Unión Europea decidiron este mércores non recoñecer os resultados das eleccións presidenciais en Belarúsdo 9 de agosto, nas que se proclamou vencedor o actual mandatario, Alexandr Lukashenko.

"As eleccións non foron xustas nin libres e non cumpriron os estándares internacionais. Non recoñecemos os resultados presentados polas autoridades belarusas", declarou o presidente do Consello Europeo, Charles Michel, nunha conferencia de prensa ao termo dun cumio telemático de líderes comunitarios.

O político belga insistiu en que a situación nesa república ex-soviética é "cada vez máis preocupante" e que a mensaxe dos líderes europeos é "claro": "A UE mantense en solidariedade co pobo de Belarús, e non aceptamos a impunidade". Tamén insistiu en que os problemas que atravesa o país non tratan "sobre xeopolítica", senón que "en primeiro lugar, é unha crise nacional" sobre "o dereito para elixir libremente os líderes".

Michel considerou que a violencia oficial contra os manifestantes que saíron ás rúas para protestar contra os resultados electorais foi "impactante e inaceptable", á vez que condenou "a brutalidade" exercida contra os cidadáns e pediu unha "investigación completa" sobre o sucedido. 

Noticias web

19/08/2020