CRTVG

Buscar

Os líderes da UE aproban o acordo do 'brexit'

Publicado o 17/10/2019 19:05

• A oposición dos unionistas do Úlster complica a ratificación no Parlamento británico

"Temos un acordo e non fará falla ningunha prórroga máis". Deste xeito anunciaba Jean Claude Juncker o pacto baixo o que o 31 de outubro a Unión Europea perderá un membro por primeira vez. Un máis entusiasta Boris Johnson felicitábase por un moi bo acordo,xusto e razoable. O documento contempla que, tras o brexit, Irlanda do Norte formará parte da unión aduaneira británica, pero seguirá aliñado con certas normas do mercado europeo.

Para garantir que se cumpran evitando unha fronteira física con Irlanda, os controis faranse no mar. Ademais, O Reino Unido comprométese a gravar algúns produtos de terceiros países cos mesmos aranceis que a Unión Europea para evitar que se filtren a través de Irlanda a prezos máis baixos.

O acordo xa ten a bendición dos xefes de goberno europeos, pero non é nin moito menos seguro que supere o trámite do Parlamento británico. Alí vótase este sábado: os laboristas manteñen a súa oposición a un texto peor do que pactara no seu día Theresa May, en opinión dun Jeremy Corbyn que insiste en levalo a referendo. Máis importante é que non lle gusta ao Partido Unionista Norirlandes, socio de Johnson, e está por ver que opinan os tories máis rebeldes. Así as cousas, non sería raro que o un de novembro a noticia fose unha nova prórroga.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/10/2019