CRTVG

Buscar

Os letrados do Congreso avalan a suspensión dos deputados presos

Publicado o 24/05/2019 13:33

• A suspensión debe ser automática, segundo algunhas fontes

• O Goberno de Sánchez "respectará a decisión da Mesa tras recibir o informe dos letrados"

Os letrados do Congreso avalan a suspensión dos deputados presos

O informe dos letrados do Congreso avala a suspensión dos cuatro deputados cataláns en prisión preventiva en aplicación da Lei de axuizamento criminal (Lecrim).

Fontes parlamentarias informaron de que esta é la conclusión do informe que onte xoves pediu a presidenta do Congreso, Meritxell Batet. Implica, apuntan as fontes, que a suspensión debe ser automática.

A Mesa do Congreso analizará na súa reunión deste venres ese texto, e nel os servizos xurídicos da Cámara destacan que non se pode proceder á suspensión de Oriol Junqueras, Josep Rull, Jordi Turull e Jordi Sànchez en aplicación do artigo 21 do regulamento do Congreso porque non concorre "a totalidade dos elementos requiridos". O precepto formula a petición de suplicatorio, e ese factor non se dá e o Supremo deixou claro que non o vai a pedir. Non obstante, o artículo 384 bis da Lei de Enxuizamento Criminal "debe entenderse de aplicación, tamén automática e ope legis -por ministerio da lei-, ao caso que nos ocupa". Por tanto, no informe os letrados engaden que se debe proceder por parte da Mesa a "adoptar as medidas precisas para dar plena efectividade á previsión legal".

O órgano de goberno do Congreso ten que acordar a suspensión "por imperativo legal", e non só iso, senón que tamén debe "fixar os efectos da mesma". Así que os catro deputados cataláns presos que teñen que ser suspendidos deixarán de estar en exercizo dos seus "dereitos e deberes" como parlamentarios.

Pero a Mesa terá que resolver ademais, apuntan os letrados, o alcance da suspensión, a determinación do número de membros de dereito da Cámara durante o tempo que dure a suspensión, aos efectos do cómputo da maioría absoluta, e tamén a composición dos órganos parlamentarios. É dicir, a Mesa tená que fixar o umbral da maioría absoluta -176 diputados con todos los parlamentarios, 350, en plena condición como tales-, o que é clave para, por exemplo, a sesión de investidura.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí