CRTVG

Buscar

Os ladróns volven roubar nunha casa de Allariz

Publicado o 09/10/2019 12:56

Os ladróns volveron actuar en Allariz. Desta vez nunha casa da zona urbana. Os ladróns, aproveitando que non estaba ninguén na casa, romperon o cristal da porta do balcón e lograron apoderarse de cartos e de xoias.

A Garda Civil investiga o acontecido, está recabando información dos veciños malia que ao parecer ninguén se percatou de nada. O roubo aconteceu pola noite. Os axentes traballan con varias hipóteses, unha delas que roubo fora perpetrado por delincuentes que se moven por todo o territorio nacional, bandas itinerantes.

Por iso, dende a Garda Civil están estes días intensificando os controis por esta zona ante a sospeita de que poidan volver actuar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/10/2019