CRTVG

Buscar

Os investigadores desacreditan a versión de Ana Julia Quezada

Publicado o 12/09/2019 15:39

O xefe do Grupo de Homicidios e Desaparecidos da Garda Civil de Almería foi o máis elocuente. Non só repetiu varias veces que Ana Julia obstaculizaba e tentaba orientar a investigación. Tamén reiterou que a acusada nunca deu mostras de arrepentimento.

Os investigadores relataron cómo a aparición da camiseta de Gabriel a converte a ela na sospeitosa número 1, inda que ao principio só se barallaba o secuestro.

José María Zalvide, xefe da Policía Xudicial da Comandancia de Almería: "Ela afirma que é do neno, que é a que levaba o neno, e aí xa entramos en contradicións, porque ela di que é a que vestiu o neno, pero a avoa di que non o vestiu ela, que esa camiseta non a recoñece, e entramos xa en contradicións". "Ela alentaba nas conversas telefónicas que o neno podía estar vivo".

Foi o garda civil instrutor das investigacións o que revelou o dito por ela dentro do seu coche. "O que se escoita é: Non querían un peixe, voulles dar un peixe polos meus coll... É o que eu entendo que di igual que nunha previa, porque se mete varias veces no vehículo, escóitase que di claramente: Tranquila, Ana, non vas ir ao cárcere".

Explica que non a detiveron nese momento para saber se había algún implicado máis no crime e que tampouco descubriron os barbitúricos cos que ela supostamente pensaba suicidarse.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2019