CRTVG

Buscar

Os internos do Pereiro de Aguiar aprenden cine

Publicado o 26/09/2019 17:56

Un festival de cinema pode servir tamén para axudar na reinserción. É o caso do obradoiro de cinema que impartiu Xabier Bermúdez na cadea do Pereiro de Aguiar dentro das actividades paralelas do Festival de Ourense.

Como facer un guión para levar as ideas do papel á pantalla, como encadrar un plano, ou nocións básicas de actuación diante da cámara. Iso é o que puideron aprender os internos durante toda esta semana ao amparo do OUFF, o Festival de Cine de Ourense.

Precisamente, o festival tamén inclúe unha proxección de Cela 211 no décimo aniversario do filme.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/09/2019