Os inmunólogos pídenlle prudencia á cidadanía: "Aínda non nos podemos relaxar"
Publicado o 11/05/2020 12:51
Co cambio de fase e o alivio das normas do confinamento, os expertos piden prudencia. Lémbrannos que debemos seguir mantendo as medidas de hixiene e de distanciamento social. Din que o noso comportamento é a variable máis importante para evitar grandes rebrotes e ter que dar un paso atrás.
A Sociedade Española de Inmunoloxía insiste en que non nos podemos relaxar. Din que o cambio de fase e unha maior liberdade de movementos non pode traer un relaxamento nas medidas hixiénicas, de seguridade e de distanciamento social.
Lémbrannos que hai persoas asintomáticas que poden contaxiar e advirten de que en toda epidemia hai rebrotes. En definitiva, pídennos que fagamos un esforzo máis para non ter que dar un paso atrás.
Máis sobre actualidade
03/03/2021 21:33
03/03/2021 21:27