CRTVG

Buscar

Os hoteis, ao 70 % en Sanxenxo

Publicado o 23/08/2020 14:52

Vendo hoteis coma este é difícil non sentirse seguro. Unha mopa para cada cuarto, os mandos da tele precintados, mesas separadas pola distancia de seguridade e un almorzo asistido en que o turista non toca ningún elemento común.

Cada mesa vístese diante de cada familia ou grupo. O alcalde de Sanxenxo tivo claro desde o primeiro día a súa aposta polo turismo seguro, coa súa parcelación de praias, unha idea que tardou en callar entre os bañistas.

Aínda así, os hoteis rozan o 70 %, cando nestes datas adoitaban estar ao 100 %. Porén, o consumo de auga en xullo incrementouse de xeito exponencial nun millón de litros comparado co ano anterior.

Noticias web

23/08/2020