CRTVG

Buscar

Os hostaleiros de Vigo piden que se lles eliminen as taxas durante a crise

Publicado o 25/03/2020 14:56

Para moitos negocios non é doado sobrevivir coa persiana baixada. Sen ingresos e con moitos gastos fixos. Por iso os comerciantes e os hostaleiros de Vigo piden que se perdoen, atrasen ou se faga unha moratoria destes pagamentos mentres dure a crise sanitaria.

A auga, o consumo eléctrico, o do gas ou as taxas de terrazas nalgúns concellos afogan os pequenos empresarios. Os do téxtil desaproveitaron as vendas do Día do Pai e os da hostalaría xa dan por perdida a campaña da Semana Santa. Tamén perderon cartos en subministracións. En Vigo xa quedan só dous pequenos hoteis abertos. O sector agradece a medida do Goberno de obrigar o peche nunha semana.

Os hostaleiros tamén están pagando algunhas plataformas televisivas das que emiten o fútbol, sen partidos e sen posibilidade de abrir as cafeterías e restaurantes.


 

Noticias web

25/03/2020