CRTVG

Buscar

Os hostaleiros da Coruña temen unha nova crise malia que os positivos do Fuenlabrada están controlados

Publicado o 22/07/2020 12:56

Indiganación na Coruña pola viaxe do Fuenlabrada sabendo que varios xogadores deran positivo por coronavirus. A cidade teme graves repercusións económicas, especialmente para os hostaleiros, xusto nun momento en que tentaban recuperarse un pouco da crise xerada pola pandemia.

Hector Cañete, presidente dos hostaleiros da Coruña, di temer os efectos desta nova crise, pero cree que o máis importante é "explicarlle á xente que este é un caso puntual e que a cidade non está afectada".

Hector Cañete quere facer un chamamento para que os viaxeiros se acheguen á Coruña con total tranquilidade. De producírense cancelacións, as perdas para moitos serían difíciles de superar porque xa se calculaba que este ano os hotaleiros as terían dun 40 % de media.

 

Noticias web

22/07/2020