Os hospitais da área sanitaria da Coruña e Cee baten o seu récord de ingresados
Publicado o 25/01/2021 16:06
A área sanitaria da Coruña e Cee suma 168 casos activos ata chegar a un novo máximo de 5.225. Os hospitais baten o seu récord de ingresados. Hai 272 persoas ingresadas en planta e 43 na UCI.
As autoridades sanitarias insisten na necesidade de respectar todas as medidas e que se evite o contacto social.
Na rúa, moitos cren que só a imposición de restricións máis duras permitirá reducir as cifras.
Tamén na área sanitaria de Ferrol, a Covid segue aumentando. Nas últimas 24 horas rexistráronse 1.573 pacientes con infección activa e un total de 154 hospitalizados: 131 en planta e 23 na UCI.
Máis sobre A Coruña
05/03/2021 17:35
04/03/2021 21:48