CRTVG

Buscar

Os grupos parlamentarios traballarán para chegar a acordos nas necesidades básicas derivadas da pandemia

Publicado o 08/09/2020 15:09

Os grupos recolleron esa invitación do presidente do Parlamento. Comprométense a traballar co obxectivo de chegar a acordos nas necesidades básicas que suscita esta situación de pandemia.

"Dende a oposición imos construír unha lexislatura para traballar ao servizo da xente con vontade de chegar a acordos de calado para o noso país", sinalou Gonzalo Caballero (PSdeG).

"Ante esta situación, desde o BNG queremos trasladar que nós imos traballar coa vontade de que esta sexa unha lexislatura onde haxa grandes acordos beneficiosos para Galicia e para as súas maiorías sociais. Estamos nun momento clave en que é importante que o Parlamento poida funcionar", afirmou Ana Pontón (BNG).

"O discurso do presidente creo que marcou liñas interesantes sobre o que é o Parlamento e a necesidade de pactos amplos nestes momentos difíciles para a sociedade galega", engadiu Pedro Puy (PPdeG).

Noticias web

08/09/2020