CRTVG

Buscar

Todos os grupos acordan que Feijóo compareza cada dúas semanas no Parlamento

Publicado o 04/05/2020 21:32
Todos os grupos acordan que Feijóo compareza cada dúas semanas no Parlamento

Os cinco grupos parlamentarios con representación no Parlamento de Galicia (PPdeG, PSdeG, Grupo Común da Esquerda, BNG e Grupo Mixto) presentaron ante a Mesa da Deputación Permanente do Parlamento de Galicia unha proposta de funcionamento excepcional e mentres permanezan as situacións de estado de alarma e de emerxencia sanitaria.

En concreto, acordaron isto:

· A Deputación Permanente reunirase unha vez por semana.

· O presidente da Xunta comparecerá dúas veces ao mes en semanas alternas para informar sobre a situación da pandemia.

· Nas semanas que non compareza o presidente, a orde do día das sesións incluirá a comparecencia dalgún conselleiro ou conselleira e ata nove preguntas orais dos grupos parlamentarios.