CRTVG

Buscar

Os golfiños que comen nas bateas son menos sociables

Publicado o 12/09/2019 14:01

Non utilizan Facebook, Instagram nin Twitter, pero cando se trata de facer amigos, os arroaces forman redes sociais altamente complexas e dinámicas. Agora ben, os exemplares que viven en augas galegas, e en concreto en zonas onde hai bateas, son menos sociais que outros. 

Bruno Díaz, biólogo e director do Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI), explica que os delfíns son sociais por natureza, pero que observaron que cando comen entre as bateas, non se relacionan cos da súa especie para cazar e alimentarse, polo que se volven máis individualistas.

O Instituto para o Estudo dos Arroaces do Grove, BDRI nas súas siglas en inglés, analizou entre os anos 2014 e 2018 o comportamento dos golfiños que viven na ría de Arousa. Durante ese tempo observaron os xeitos de relacionarse e as preferencias de 171 arroaces adultos. Unha vida social que, segundo os investigadores, ten similitudes coa dos primates e mesmo co ser humano.

Unha nova perspectiva sobre a organización social dos golfiños que estes investigadores galegos lle trasladan agora á comunidade internacional coa publicación do estudo nunha revista da Universidade de Oxford.

Recoñecemento internacional para unha nova visión sobre a evolución dos sistemas sociais nos golfiños e a súa resposta aos cambios inducidos polas actividades humanas no medio mariño.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2019