CRTVG

Buscar

Os galegos viaxan entre dúas e tres veces ao ano e son especialmente aforradores, segundo un estudo

Publicado o 24/07/2019 20:19

Os galegos gastaremos este ano 1.000,5 euros en viaxar, case un 8% menos ca a media nacional. Segundo un estudo sobre o perfil do turista español por rexións, os galegos viaxan entre dúas e tres veces ao ano e son especialmente aforradores.

Os galegos somos previsores e aforradores á hora de viaxar. Segundo unha radiografía do turista español feita por un portal de búsqueda de viaxes, o 70% dos galegos elixe o seu destino por prezo, case a metade aforra durante todo o ano para poder viaxar, e só un 10% pide un crédito para facelo.

Segundo o estudo, os galegos viaxamos unha ou dúas veces ao ano, e destinaremos este ano de media 1.000,5 euros, un 7,8% menos ca a media nacional. Case a metade buscan información en comparadores, o 38% reserva con meses de antelación e a terceira parte contrata paquetes pechados de viaxe.

Por rexións, estremeños e murcianos son os que menos gastarán este ano en viaxes, fronte a navarros, madrileños e vascos, que serán os que máis gasten en vacacións.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/07/2019