CRTVG

Buscar

Os galegos residentes na Arxentina xa poden votar presencialmente

Publicado o 08/07/2020 20:57

Primeiro día de votación no Consulado de España en Bos Aires para as eleccións ao Parlamento de Galicia. Unha xornada moi marcada pola corentena obrigatoria, que aínda está vixente na capital arxentina.

Pouco movemento no primeiro día de votación no Consulado español de Bos Aires. Uns 1.400 galegos rogaron o voto dende A Arxentina este ano, unha cifra menor da habitual polos efectos da pandemia. Os primeiros votantes depositaron o seu voto entre estritas medidas sanitarias, nun panorama moi distinto ao doutros anos.

Quen opte polo voto presencial ten que solicitar un permiso especial de circulación, o cal terá unha duración de 24 horas. Nese sentido, o Consulado permanecerá aberto de forma excepcional ata o próximo domingo para facilitar o sufraxio dos galegos residentes en Bos Aires.

Noticias web

08/07/2020