CRTVG

Buscar

Os galegos que cotizaron en Alemaña teñen dereito á xubilación anticipada

Publicado o 06/12/2019 10:48

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea recoñécelles o dereito a xubilárense anticipadamente a dous galegos que cotizaron parte da súa vida no estranxeiro. Os demandantes traballaran en Alemaña antes de volver a Galicia. Cando pediron a xubilación anticipada, a Seguridade Social denegoullela co argumento de que só teñen ese dereito os que cotizaran toda a vida en España. Agora, o tribunal de Luxemburgo dictamina que esa interpretación vulnera a normativa comunitaria.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2019