CRTVG

Buscar

Aínda non é posible moverse entre concellos limítrofes de provincias distintas

Publicado o 23/05/2020 17:46

O Boletín Oficial do Estado publicou este sábado a flexibilización de distintas restricións de mobilidade na fase 2. O texto deu lugar a certa confusión. Aféctalle aos territorios do País Vasco, polo que en Galicia, que entra na nova fase o luns, aínda non está permitido que os cidadáns poidan moverse entre concellos limítrofes de provincias diferentes para realizar actividades socioeconómicas.

Sanidade aínda non acolleu no sentido da mobilidade as peticións da Xunta, que reclama unha maior ampliación co desprazamento libre entre as catro provincias.