CRTVG

Buscar

Os Franco recorren contra a presentación da Xunta e do Concello de Sada na demanda de Meirás

Publicado o 20/09/2019 19:54

• O Supremo resolverá o martes se Franco sae do Val dos Caídos

Os Franco recorren contra a presentación da Xunta e do Concello de Sada na demanda de Meirás
A familia Franco interpuxo un recurso de reposición contra o auto que acorda a intervención do Concello de Sada e da Xunta na demanda para reclamar a devolución ao patrimonio público do Pazo de Meirás. Así llo notificou este venres o Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña ao Concello de Sada, informou o consistorio nun comunicado. No escrito, os Franco alegan que o Concello de Sada non ten interese lexítimo para poder intervir na demanda interposta polo Estado español, xa que o único ánimo da administración municipal viría determinado "por un interese meramente político do asunto". Tras analizar o texto, o Concello de Sada informou de que presentará nos próximos días un escrito de oposición ao recurso da familia Franco, e trasladou que "a posibilidade de recuperar para o patrimonio do Estado o Pazo de Meirás ten unha clara repercusión nos intereses municipais”.