CRTVG

Buscar

O forte vento complica a extinción dos 40 incendios aínda activos en Austurias

Publicado o 05/03/2019 09:53

Case 40 incendios continúan activos arestora en vinte concellos asturianos. Dende primeira hora intensificáronse os traballos dos medios aéreos, xa que o risco de incendio previsto para esta xornada segue sendo extremo. Ademais, catrocentos efectivos seguen loitando contra o lume por terra. Durante a xornada do luns houbo máis dun cento de incendios activos, algúns deles mesmo se achegaron aos núcleos de poboación.

"O lume parecía que chegaba ás casas rapidamente, menos mal que estaban os medios de extinción de incendios". "Avanzou moi rápido. Foi cousa de media hora".

Arestora a situación máis complicada está nos concellos de Salas, Cangas de Onís e Llanes. Tamén preocupa moito o forte vento previstos na zona para esta tarde. 

Guillermo Martínez, conselleiro da Presidencia de Asturias: "A previsión meteorolóxica non é boa, prevense outra vez vento moi forte e tamén que non choverá durante os próximos días. O único dato positivo é que baixan as temperaturas, o que permite que a situación sexa favorable".

Ademais dos servizos de extinción de incendios asturianos, á loita contra o lume sumouse a unidade militar de emerxencias.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/03/2019