CRTVG

Buscar

Os forenses desmontan o argumento da morte accidental do ancián de Monterroso supostamente asasinado polo fillo

Publicado o 20/02/2020 13:30

Segunda sesión do xuízo contra o presunto parricida de Monterroso. Unha sesión en que a declaración dos forenses desmontou o argumento de morte accidental da defensa. Os forenses confirmaron que o pai do acusado faleceu por morte violenta. E apuntaron a unha agresión física como causa. Sinalaron que o golpe mortal foi na cabeza e que lle provocou o traumatismo cranioencefálico. Os peritos tamén confirmaron que o acusado tiña problemas de alcolismo e que o día dos feitos estaba en situación de intoxicación aguda.

Tamén declararon os axentes que chegaron primeiro á casa. Relataron que nun primeiro momento o acusado manifestou que matara a seu pai a golpes e que logo limpara.

A defensa segue mantendo que o acusado é inocente e mantén a petición de libre absolución. Así o manifestaba o avogado da defensa, César Lodos: "Quédanos a segunda xornada que é acreditar as lesións, se foi por unha caída accidental ou por unha patada. Seguimos mantendo que unha patada non pode acabar coa vida dunha persoa, e no estado que estaba a vítima que sufriu unha caída accidental como moitas outras".

O xuízo rematou e agora comeza a deliberar o xurado popular. Nas conclusión o fiscal rebaixou a pena de 20 a 17 anos de prisión por homicidio cos agravantes de parentesco e a situación de vulnerabilidade da vítima.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/02/2020