CRTVG

Buscar

Os fogos do Apóstolo saen do Obradoiro para iluminar toda Compostela

Publicado o 23/07/2020 17:33

Serán uns fogos especiais para unhas circunstancias excepcionais. Así definen dende o Concello de Santiago o espectáculo pirotécnico que mañá dará comezo, coma sempre, ás once e media da noite. Cambiará porén o escenario. Adeus á praza do Obradoiro como xa estaba previsto dende principios deste ano. Botaranse os fogos dende 8 lugares diferentes, entre eles a Cidade da Cultura ou a carballeira de Santa Susana. O obxectivo, evitar aglomeracións e que a xente mesmo poida velos dende a ventá da súa casa. O espectáculo será en todos os sitios igual, cos mesmos efectos e ao mesmo tempo.

E os composteláns parecen contentos con estes fogos repartidos.

A seguridade e a vixilancia reforzaranse para cumprir todas as normas covid-19, e para que a xente poida gozar sen perigo dunha tradición con máis de 400 anos ás súas costas.

Noticias web

23/07/2020