CRTVG

Buscar

Os fogos do Apóstolo deixan o Obradoiro e abren debate

Publicado o 21/01/2020 15:29

Os fogos marchan do Obradoiro e Compostela responde cunha pregunta.

"E onde se van facer, entón?".

Aínda non se sabe. Ese é o gran misterio polo momento. Barállanse posibles lugares coma a alameda ou o parque de Belvís, e algún haberá que escoller antes do 24 de xullo vindeiro, que será o primeiro, despois de máis de catro séculos, sen fogos na praza do Obradoiro. O motivo, a protección do patrimonio. Por unha banda, quere deixarse de botar os fogos dende a cuberta do pazo de Raxoi, que xa sufriu danos no Apóstolo pasado e ademais é de madeira. por outra banda, preténdese afastar a pólvora dunha catedral que está en rehabilitación.

Quedará na praza, iso si, o espectáculo de luz e son. Os fogos marchan do Obradoiro, a tradición terá que quedar na memoria.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/01/2020