CRTVG

Buscar

Os fillos da parella quedarán cun familiar

Publicado o 16/09/2019 21:07

Os crimes aconteceron diantes dos fillos da parella. Dous nenos de 4 e 7 anos de idade que pasaron a mañá refuxiados na casa duns veciños. Será agora a xuíza quen decida a tutela dos menores.

Os dous fillos da parella, dous nenos de 4 e 7 anos, presenciaron o triplo crime de Valga, onde morreron súa nai, súa tía e súa avoa. Os equipos de apoio psicolóxico e de menores da Xunta de Galicia desprazáronse ata o lugar dos feitos para atender os cativos, que logo do tráxico suceso se trasladaron á casa duns veciños.

Os expertos explican que unha situación tan traumática pode deixar pegada a nivel emocional nos cativos e que os menores precisarán de axuda psicolóxica.

Segundo fontes da investigación, un familiar directo farase cargo dos dous menores.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/09/2019