CRTVG

Buscar

Os festivais programarán concertos en liña

Publicado o 20/05/2020 15:52

Case setenta e oito mil persoas pasaron polos 12 festivais acollidos á marca Fest Galicia o ano pasado. Hai apenas uns días sabiamos do aprazamento dos que xa estaban próximos, os de xuño e xullo. Algúns como o Son da Camiño, o Resurrection ou o Portamérica están xa organizando a edición do ano 2021. Outros como o WOS, tamén suspendido, anunciaban que manterían algunha proposta do seu programa en liña.

Precisamente, traballando nesta idea reuníanse esta mañá representantes da Asociación de Festivais de Galicia e responsables da Xunta. O obxectivo, avanzar na posta en marcha Fest Galicia en liña Xacobeo 2021 , unha iniciativa que desenvolverá, a partir de xullo, concertos en liña e actividades con cada unha das citas asociadas a Fest Galicia.

A este proxecto destinaranse catrocentos mil euros. Trataríase de apoiar economicamente as empresas produtoras destes festivais e seguir en contacto co público. Non é o mesmo, pero serve para aliviar un pouco a decepción dos millerios de festivaleiros que xa tiñan as súas entradas na man.

Noticias web

20/05/2020