CRTVG

Buscar

Os feirantes que poñen as atraccións nas festas aínda non saben cando poderán retomar o traballo

Publicado o 06/06/2020 16:16

 Os feirantes que poñen as atraccións e os postos nas festas seguen sen saber cando poderán retomar a actividade. Os da provincia da Coruña concentráronse esta mañá e a continuación percorreron varias rúas da cidade.

 O seu traballo é estacional e tiñan todo os gastos feitos para arrancar a temporada cando os parou a pandemia. Onte tiveron un contacto coa Xunta en busca de solucións.

Noticias web

06/06/2020