CRTVG

Buscar

Os feirantes da Cañiza, en pé de guerra ante a decisión do Concello de cambiar a feira de datas

Publicado o 02/08/2019 19:55

Os feirantes da Cañiza están en pé de guerra ante a decisión do Concello de cambiar a feira de datas. Queren revitalizar a economía e facela o primeiro e o terceiro domingos de mes. Contan co apoio dos hostaleiros, pero teñen en contra ao 95% dos feirantes. 

 

Tensión no pleno do concello que votou o cambio das datas da feira da Cañiza. Os mais vellos do lugar lembran que sempre foi os días 6 e 20, pero a corporación votou onte cambiala para o primeiro e o terceiro domingo do mes. Unha medida provisional que non se fará ata despois do verán. O alcalde dí que que van probar cómo funciona, pero os feirantes ameazan con non acudir.

Os comerciantes cren que este cambio acabará coa feira. O concello pretende actualizar a feira con gastronomía ou música para atraer visitantes.

 

Noticias web

02/08/2019