CRTVG

Buscar

Os familiares dos alcólicos sofren o trastorno da codependencia

Publicado o 09/11/2019 14:42

María José Lamas Dopico, psicóloga sanitaria e directora de asociación de axuda a familias de drogodependentes comeza as xornadas co relatorio " A gota que colma o vaso". Na primeira fila está Luis Javier Fernández, presidente da Federación Galega de Alcólicos Rehabilitados, que leva 6 anos e medio sen beber. Nun país tolerante e incitador da cultura do alcol é doado comezar a beber en público e complicado destapar que un padece a enfermidade do alcolismo

Luis Javier Fernández, presidente de FARGA, di que o alcol está socialmente permitido e que ninguén se da conta de que efectivamente é unha droga máis. Di tamén que loitar contra o alcol en España é imposible porque hai moitos intereses creados. 

María Xosé González, psicóloga terapeuta de Asociación de Axuda Integral Santiaguesa do Alcohólico (AISA), explica que non se pode normalizar tanto o consumo do alcol e que non lle damos a importancia que ten como substancia daniña e tóxica que é.

Esta psicóloga, terapeuta da asociación de alcólicos de Santiago centrou a súa conversa cos participantes na xornada nas familias, que moitas veces, por descoñecemento e por vergoña comezan por tapar o problema que teñen na casa.

González conta que ás veces o amor o que fai é en vez de prestar axuda retarsa incluso o poñerse a tratamento. tapar, tapar e tapar.

Fernández ten claro que o 60% é o acompañamento do familiar e que é fundamental que o familiar entenda máis para axudar ao enfermo nos cambios de hábitos e de condutas.

Está recoñecido o trastorno da codependencia, a enfermidade que padecen os familiares dos alcólicos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/11/2019