CRTVG

Buscar

Os expertos piden cautela ante o anuncio de compra do complexo de Ferroatlántica na Costa da Morte

Publicado o 04/06/2019 14:48

Non é esta a primeira vez que Villar Mir intenta vender Ferroatlántica, abafado polas débedas. En 2017, o grupo recibiu unha oferta doutro fondo de investimento pero só polas centrais hidroeléctricas do Xallas. Finalmente, a Xunta de Galicia acabou vetando a operación, porque non se poden desvincular os saltos de auga das fábricas ás que subministran luz. Por esta razón, esta mañá os expertos acollían a noticia con moita cautela.

Lara Graña, xornalista especializada en economía, apunta que "o que podemos sospeitar é que incluíndo a planta de Cee e Dumbría o que esquivan é ese veto. Os saltos do Xallas, que á súa vez alimentan as fábricas, son un activo moi atractivo, non así unicamente a planta de Dumbría. Son os saltos do Xallas os que puideron suscitar este interese por parte do fondo americano".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/06/2019