CRTVG

Buscar

Os expertos desaconsellan o uso de luvas e priorizan unha boa hixiene das mans

Publicado o 12/05/2020 20:57

As luvas están entre o produtos máis demandados para facer fronte ao coronavirus. Vémosllas a diario a todo tipo de persoas, pero os profesionais da Sociedade Española de Medicina Preventiva desaconsellan o seu uso durante a actividade diaria habitual. Sinalan que implican unha perda de tacto que fa que a contaminación pase desapercibida, que non dan protección adicional respecto á hixiene de mans e, ollo, din que o seu mal uso mesmo pode incrementar as posibilidades de transmisión. 

Tamén din que a súa utilización debe ser puntual, como por exemplo para manipular froitas ou verduras nun establecemento, e que o mellor é ter con frecuencia unha boa hixiene das mans a base de auga e xabón ou con algunha solución hidroalcólica.

E din que as luvas xeran unha falsa sensación de seguridade que pode provocar que non tomemos as precaucións axeitadas ou que esquezamos a recomendada hixiene de mans.

Noticias web

12/05/2020