CRTVG

Buscar

Feijóo, Fernández e Herrera eloxian a política útil nas Medallas de Galicia

Publicado o 24/07/2019 18:09

Os ata hai uns días presidentes de Asturias e Castela e León, Javier Fernández e Juan Vicente Herrera, recibiron hoxe en Santiago a Medalla de Galicia, máxima distinción que concede a Xunta. Alberto Núñez Feijóo reivindicou o labor dos galardoados a prol da política útil.

O berciano Amancio Prada interpretou a banda sonora dun acto en que os protagonistas quixeron poñer en valor o entendemento na España autonómica por riba das ideoloxías.

O ex-presidente de Castela e León defendeu que dende o local se pode facer política de Estado. Juan Vicente Herrera, que fixo parte do discurso en galego, dixo que a identidade propia fortalécese ao relacionarse cos demais e lembrou os vencellos entre as tres comunidades veciñas.

Feijóo destacou dos galardoados a súa capacidade para buscar puntos de encontro sen renunciar ás súas conviccións, de practicar a política útil. O presidente da Xunta pediulles aos sucesores de Fernández e Herrera que escoiten os seus consellos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/07/2019