Os EUA impón novas sancións contra altos cargos e industrias de Irán
Publicado o 10/01/2020 17:17

Os EUA anunciaron hoxe novas sancións económicas contra oito altos cargos iranianos, entre eles o secretario do Consello de Seguridade Nacional Supremo, Ali Shamkhani, así como aos "maiores produtores" de aceiro, ferro e cobre do país, en resposta ao ataque con mísiles a dúas bases con tropas estadounidenses en Iraq. "Estas sancións continuarán ata que o réxime deteña o financiamento do terrorismo global e se comprometa a non contar nunca con armas nucleares", dixo o secretario do Tesouro Steven Mnuchin, nunha comparecencia desde a Casa Branca xunto ao secretario de Estado, Mike Pompeo.
Máis sobre Política
20/01/2021 21:32
20/01/2021 21:18
20/01/2021 20:52