CRTVG

Buscar

Os estudantes do Carballiño reclaman melloras no tren a Santiago

Publicado o 04/11/2019 15:31

Os estudantes do Carballiño que cada domingo collen o tren rexional para ir a Santiago din que están fartos dos continuos problemas de espazo, atrasos e avarías. E concentráronse na estación para pedirlle a Renfe un servizo digno.

Viaxamos cos estudantes no tren rexional. Din que para eles é máis económico que o Avant ou o Alvia, pero que o servizo é moi deficiente e con poucas frecuencias horarias.

Os estudantes pensan seguir mobilizándose ata conseguir, din, un tren do século XXI, que se adapte ás súas necesidades.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/11/2019

Máis sobre carballo