CRTVG

Buscar

Os Estrela Michelin galegos, dos máis cobizados durante o verán

Publicado o 25/07/2019 21:46

Ver esta sala baleira nun pase de comida é imposible. O restaurante Culler de Pau do Grove cóase este ano no posto número 14 da clasificación nacional dos que adoitan ter máis lista de espera. Esa é a teoría, pero na práctica a semana é moito máis accesible e as cancelacións tamén abren a porta a unha maior flexibilidade.

En todos os restaurantes Michelin galegos, a tempada máis alta coincide cos meses máis turísticos. Os de fóra buscan probar estes manxares elaborados coa nosa excelente materia prima, que traballa tamén Rafael Centeno, chef do Maruja Limón en Vigo.

A única muller que entrou neste cobizado mundo das estrelas Michelin en Galicia é Lucía Freitas coa Tafona en Santiago. Nunha cidade turística todo o ano, as listas de espera tamén son relativas, pero a estrela marcou un punto de inflexión.

Pero onde está o segredo destes grandes cociñeiros con estrela? Javier Olleros fala de paixón, coñecemento e curiosidade, pero hai moito máis.

Un cóctel de esencias que fan destes restaurantes, e doutros moitos, a vangarda gastronómica da nosa terra, que tanto buscan saborear autóctonos e foráneos seguindo as pegadas destas estrelas.










 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/07/2019