CRTVG

Buscar

Os equipos ulitimarán a preparación desde o luns cos adestramentos en grupo

Publicado o 30/05/2020 19:00

Coa autorización dos adestramentos en grupo, que comezarán o luns, os equipos afrontarán a fase final de preparación antes da volta da liga. A gran cita, o día 11 de xuño. O partido, inmellorable para retomar a competición. Un derbi sevillano no Pizjuán que se disputará coa intensidade de sempre, pero coa estraña sensación das bancadas baleiras. Así o dó Diego Carlos. "É un partido moi bonito para xogar. Un pouco triste porque non vai estar a xente no campo. Sei da calidade que ten o Betis. É un grande equipo. No último partido que xogou contra o Real Madrid fixo moitas cousas boas"

Falaba o sevillista Diego Carlos do último encontro ligueiro do seu máximo rival. Aquel partido no que o Betis superou ao Real Madrid permitíulle ao Barça colocarse no liderado con dous puntos de vantaxe. Unha renta exigua que lles vai exixir aos barcelonistas a máxima atención nos once partidos que quedan, tal e como recoñece Arturo Vidal.  "Quedan once partidos que van ser once finais. Todos temos claro que van ser moi difícilies. O Madrid está moi preto, así que non temos que confíarnos. Só pensar en gañar tódolos partidos e facelo o mellor posible para que cando chegue, pelexar tamén pola Champions"

Unha Champions que se terminará de xogar no mes de agosto e que para a vindeira temporada agarda coñecer os equipos que representarán ao fútbol español. Desde o terceiro clasificado, o Sevilla, ata o sétimo, que é o Valencia, só hai cinco puntos de diferenza. O equipo valencianista retomará a liga con outro derbi, xa que se enfrontará a un Levante no que podería estar o galego Róber Pier despóis de máis dun ano inacivo por unha grave lesión de xeonllo. Él está animado ."Estou moi motivado emocionalmente. A verdade é que despóis de tanto tempo o único que queres é adestrar, xogar e gozar, e é así como o estou a facer e cada adestramento para mín é un agasallo. Non teño sensación de medo nin nada. Gozo e adestro a tope para volver ser o que era antes"

Máxima ilusión para moitos ante un reto de máxima exixencia. Once xornadas en pouco máis dun mes. Fútbol en sesión continua.

Noticias web

30/05/2020