CRTVG

Buscar

Os equipos de Segunda División seguen adestrándose sen un futuro claro

Publicado o 02/08/2020 19:06

Entre as frontes abertas neste estrambótico final de temporada, como acabamos de ver, está a disputa do playoff de ascenso. Sen data e sen equipos participantes confirmados, os xogadores dos conxuntos implicados seguen cos seus adestramentos.

Zaragoza, Almería, Xirona, Elxe e tamén o Fuenlabrada traballan coa inógnita de saber que é o que vai pasar. Todos os clubs reclaman unha solución rápida, pero os prazos para os recursos poden provocar unha espera máis longa do desexado. No Fuenlabrada cada vez contan con máis efectivos. Xa quedan só seis membros da súa expedición confinados na Coruña. Entre os que se adestran, o francés Randy Nteka, que envíou esta mensaxe aos afeccionados.

Noticias web

02/08/2020