CRTVG

Buscar

Os empresarios galegos piden medidas para paliar os efectos do coronavirus na economía

Publicado o 26/02/2020 15:28

Din que o seu impacto na economía xa é inevitable. Os empresarios galegos temen que as consecuencias do coronavirus poidan ser peores do esperado e esixen medidas ao Executivo central.

Tamén falaron da previsión de crecemento a nivel nacional que segundo din non acadará o 1,6 previsto polo Goberno. Critican a suba de taxas e impostos xunto a outras medidas anunciadas polo Executivo.

Empresarios galegos invitan a ministra de Traballo a manter unha xuntanza para traladarlle as súas inquietudes.

Noticias web

26/02/2020