CRTVG

Buscar

Os empresarios galegos, entre a esperanza e a aposta por prolongar os ERTE

Publicado o 06/06/2020 14:56

O panorama económico ofrece perspectivas ambivalentes. As principais bolsas europeas e Walt Street están vivindo semanas de auténtica festa alcista. O selectivo español acaba de pechar a mellor semana desde 2008. A isto únese a sorpresa dos datos do paro nos Estados Unidos, divulgados onte, claramente mellores do agardado, que poñían de novo sobre a mesa dos analistas internacionais a hipótese da recuperación en V da economía para 2021.

Pero, malia todo iso, a paréntese na produción e o crecemento económicos segue a deixar vítimas polo camiño e desde a patronal galega apostan claramente pola prolongación dos ERTE.

Neste contexto, a Xunta aprobaba este venres un plan de reactivación económica de 3.000 millóns de euros, dos que a iniciativa privada pon 1.300 millóns, e tamén vacacións fiscais nos tributos autonómicos ata o un de novembro.

A semana económica remata, en definitiva, con datos para a esperanza significativos. Os estímulos concatenáronse desde distintas frontes: bolsas, mercados de traballo e un novo tramo de liquidez procedente do Banco Central Europeo. A pregunta que subxace é se se trata do inicio dun sólido camiño en positivo ou tan só dun espellismo temporal.

Noticias web

06/06/2020