CRTVG

Buscar

Os empresarios familiares avisan do impacto na economía da violencia den Cataluña

Publicado o 28/10/2019 18:54

O Rei Filipe VI inaugurou en Murcia o congreso anual do Instituto de Empresa familiar. Ante o xefe de Estado e a ministra de Economía en funcións o seu presidente expuso as principais preocupacións do colectivo e lanzou esta advertencia sobre os episodios de violencia en Cataluña.

"É preciso recuperar a normalidade porque é moi perigoso proxectar esta imaxe ante os nosos clientes e os investidores internacionais por máis tempo", asegurou Francisco Ribera.

Aos empresarios familiares tamén lles preocupa que España leve varios anos de gobernos inestables cando se están producindo cambios socioeconómicos profundos e compre afrontar os efectos das guerras comerciais ou o brexit.

"Ante este panorama tan complexo é moi importante tomar decisións en diferentes ambitos e sen dilación no noso país, e para iso é necesario que teñamos un goberno estable", dixo o presidente do Instituto da Empresa Familiar.

As empresas familiares representan o 80% do tecido empresarial en España e xeran o 67% do emprego.

Noticias web

28/10/2019