CRTVG

Buscar

Os empresarios din que é "unha barbaridade" subir o salario mínimo a 1.000 euros

Publicado o 19/12/2019 14:38

Sánchez chamou empresarios e sindicatos nas últimas horas, como un paso máis cara á investidura. E comprometeuse a negociar con eles a suba do salario mínimo. 

Algunhas informacións apuntan a que PSOE e Podemos xa acordaron aumentalo ata os 1.000 euros, en contra da opinión da patronal, que pide que non o pacten os políticos senón que lles deixen a eles negocialo cos sindicatos.

Antonio Garamendi, presidente da CEOE:  "A cifra dos 1.000 euros é unha barbaridade porque levaría a moita máis xente á economía somerxida. Creo que é levar a xente á exclusión e por outro lado levar a economía a unha situación mala. Teremos que sentar, teremos que falar".

Noticias web

19/12/2019