CRTVG

Buscar

Os empregados da Administración galega cobrarán 1.764 euros máis de media este ano

Publicado o 06/02/2020 14:28

Todos os empregados públicos que dependen da Administración galega, sanitarios, mestres, funcionarios de xustiza ou traballadores de organismos autónomos, terán na nómina de febreiro o incremento do 2% que dependía dunha habilitación legal do Goberno central e que se suma ás subas sectoriais que xa están cobrando os funcionarios da Xunta dende principios de ano. Ese incremento do 2% terá efectos dende o un de xaneiro e beneficiará tamén o persoal das tres universidades e do ensino concertado.

"A media do incremento do 2% son 775 euros por traballador, aos que lles sumamos os acordos sectoriais dos funcionarios da comunidade autónoma, o que dá unha media de 1.764 por traballador. É un 4,5% de incremento salarial no ano 2020; é dicir, máis do dobre do que sobe o goberno central", afirma Alberto Núñez Feijóo.

Noticias web

06/02/2020