CRTVG

Buscar

Os edís de España máis novo e máis vella teñen 19 e 95 anos

Publicado o 27/05/2019 20:15

Rematamos o repaso aos resultados da xornada postelectoral dos municipios con dous nomes propios. Este é o primeiro, Juan del Canto, un mozo zamorano que se converteu no alcalde máis novo de España. Ten 19 anos e está estudando bacharelato. O seu compromiso co municipio de Villalazán, que ten 278 habitantes é, case nada!, loitar contra a despoboación.

Moito máis modesto é o de Charito, a concelleira de máis idade. Ten 95 anos e presentouse para conseguirlles un aparcadoiro aos numerosos turistas que visitan Patones, a preciosa vila da serra madrileña.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/05/2019