CRTVG

Buscar

Os drons, ao servizo dun agro máis eficiente e sostible

Publicado o 06/09/2019 15:40

Os drons poderían converterse nos mellores aliados dos agricultores nun futuro non tan afastado. Enxeñeiros de todo o mundo están a desenvolver sistemas para facer agricultura de precisión desde aeronaves. Intelixencia artificial para un agro máis sostible.

A agricultura de precisión chegou hai tempo ao noso agro, en forma de GPS ou sensores para monitorizar cultivos. Agora os esforzos dos enxeñeiros céntranse no desenvolvemento de drons que permitan facer ese mesmo traballo pero desde o aire, de maneira máis eficiente e autonóma.

Ademais de reducir tempo e custos, os drons minimizan o impacto ambiental e os riscos para os traballadores. Vantaxes que tamén se poden aproveitar para a prevención e extinción de incendios.

Desta e doutras innovacións falouse en Eusipco, o congreso que reuniu esta semana na Coruña 800 expertos en telecomunicacións de 49 países.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/09/2019