CRTVG

Buscar

Os dous gromos de persoal sanitario en Vigo obrigan a adiar operacións e consultas

Publicado o 12/11/2020 17:24
Os dous gromos de persoal sanitario en Vigo obrigan a adiar operacións e consultas

O Servizo Galego de Saúde detectou un gromo de coronavirus no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, concretamente no quirófano de urxencias, con dúas enfermeiras contaxiadas e outras catro en illamento, mentres que no Hospital Meixoeiro tamén se rexistraron catro contaxios, de dous médicos e dúas enfermeiras.

O foco do Álvaro Cunqueiro fixo que se interromperan as intervencións cirúrxicas programadas non urxentes.

O do Meixoeiro está localizado no servizo de endocrinoloxía, o que obrigou a reprogramar consultas. O resto do persoal someteuse a probas de detección da covid-19 e o resultado foi en todos os casos negativo, polo que a Administración sanitaria dá por controlado o gromo e mantén en corentena só os catro traballadores contaxiados neste hospital.